miércoles, 27 de marzo de 2013
O Parlamento aproba paralizar de vez as obras da Cidade da Cultura
A Xunta paralizará definitivamente as obras dos dous edificios pendentes de construción na Cidade da Cultura. De seguir a recomendación da Cámara, o Goberno galego procederá á paralización de vez destes dous inmobles do Gaiás -Centro de Arte Internacional e Teatro da Música- e será posible logo de que o PP apoiase un punto da moción presentada polo grupo do BNG no pleno do Parlamento e que tamén apoiou AGE, mentres que o PSdeG se abstivo. O Executivo decidira deter provisionalmente as infraestruturas por mor da crise como mínimo até 2014.
Foi a deputada do Bloque Ana Pontón a que presentou unha moción na Cámara na que se instaba á paralización definitiva dos dous edificios pendentes de construír na Cidade da Cultura, así como a avaliación do impacto económico, social e cultural do Gaiás. Malia que o PP rexeitou a proposta completa, si votou a favor do primeiro punto da moción, que foi tramitado de forma independente e no que se insta o Goberno galego a que inicie os trámites para poñer fin ás polémicas obras no monte Gaiás.
O socialista Francisco Caamaño, na súa intervención, xustificou a abstención e avogou nunha emenda pola paralización "sine die" de ambos edificios pero non pola súa paralización definitiva como solicitaba o BNG. Segundo o PSdeG, a paralización definitiva das obras podería supor o pago de 18 millóns de euros en indemnizacións ás empresas adxudicatarias.
Noticia completa: http://praza.com/cultura/3971/o-parlamento-aproba-paralizar-de-vez-as-obras-da-cidade-da-cultura/
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario