miércoles, 27 de marzo de 2013
Feijóo "orgulloso" do copago na Educación
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, insiste nas medidas que xa comezou o seu goberno de obrigar aos cidadáns a pagar por sevizos básicos como a Sanidade ou a Educación. Así, o deixou claro este mércores no Parlamento galego ao anunciar que ampliará o copago dos comedores escolares "en función da renda" das familias.
"Estou orgulloso desta decisión", dixo sobre este tipo de medidas ao ser cuestionado pola oposición. E é que o líder do PSdeG, Pachi Vázquez, ameazouno con levar esta decisión ante o Tribunal Constitucional (TC) porque, dixo, pagará "quen cobra 583 euros ao mes".
Unhas cifras que non coinciden coas de Feijóo que insistiu en que "os mileuristas non pagarán o comedor". E para defender a súa posición atacou aos membros da oposición. "Un 67% das familias galegas non pagarán e o 10%, achegará un euro. Comprendo que igual aos seus fillos e aos seus netos habería que pagarlles o comedor, pero non o imos a facer. Nin aos do resto de deputados", díxolle a Vázquez.
Noticia completa: http://galiciaconfidencial.com/nova/13776.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario