jueves, 7 de marzo de 2013
Feijóo gábase de non "deixar débedas" na Xunta malia aumentalas máis do 90%
O segundo Goberno de Alberto Núñez Feijóo está a piques de facer 100 días ao mando da Xunta e o presidente aproveita para facer un primeiro balance. Tras o Consello deste xoves o titular do Goberno galego realizou un optimista balance do primeiro treito da lexislatura, cen días que "serviron para constatar que estamos tomando as medidas necesarias" para acadar "os grandes obxectivos", tales como "seguir blindando o autogoberno" ou "ser un referente en eficiencia".
Como xa acontecera no seu anterior mandato o líder conservador asenta nos números boa parte do seu autodiagnóstico e, a preguntas da prensa, aposta por sacar peito para presumir de contención da débeda. "Hai gobernos que prefiren gobernar a costa de deixar débedas aos seus cidadáns" pero este non o fai, afirma. Isto é completamente certo? Os datos oficiais din o contrario.
Segundo a análise que o Banco de España realiza trimestralmente segundo o denominado "protocolo de déficit excesivo" Galicia pechou o terceiro trimestre de 2012 -último dato dispoñible- cunha débeda pública de 7.622 millóns de euros, moito menos que as autonomías máis endebedadas -Catalunya supera os 45.000 e a Comunitat Valenciana, os 25.000- pero moito máis que as que teñen menos débeda -Navarra, por exemplo non chega aos 3.000 millóns-. Esta cantidade é un 92,8% superior á que figuraba nos mesmos rexistros do organismo regulador no cuarto trimestre de 2009, isto é, no último ano no que aínda gobernou -parcialmente- o Goberno bipartito. Daquela a débeda galega era de 4.842 millóns de euros.
Noticia completa: http://praza.com/politica/3796/feijoo-gabase-de-non-deixar-debedas-na-xunta-malia-aumentalas-mais-do-90/
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario