viernes, 15 de marzo de 2013

CIG activa un plan solidario de axuda alimentaria para afiliad@s con menos recursos


A CIG está a traballar na posta en marcha dun plan solidario de axuda alimentaria dirixido á afiliación con menos recursos económicos. A central nacionalista decideu impulsar este iniciativa ante a “situación de emerxencia social” na que se atopan milleiros de persoas e así fomentar ao mesmo tempo a solidariedade entre a afiliación.


O plan funcionará "de xeito similar a un banco de alimentos e da súa xestión encargaranse grupos de afiliad@s voluntari@s".
Así, a central recollerá alimentos non perecedeiros entre a súa afiliación "que serán repartidos entre militantes e tamén entre aquelas persoas que deixaron de abonar a cota sindical nos últimos nove meses por razóns económicas. Tamén se recollerán achegas económicas que se destinarán á adquisición de alimentos para repartir".

Esta iniciativa responde á “situación de emerxencia social” na que se atopan milleiros de familias na Galiza pola crise económica e procura, aliás, fomentar a solidariedade entre as e os afiliados ao sindicato.

Noticia completa: http://www.sermosgaliza.com/artigo/economia/solidariedade/20130315120245012526.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario