jueves, 7 de marzo de 2013
Científicos galegos patentan a base de novas terapias contra o cancro
A Fundación Ramón Domínguez (do hospital CHUS), o Sergas, a Universidade de Santiago e a Fundación Barrié patentan un novo sistema para o control das Células Tumorais Circulantes, causantes do cancro metastásico. Segundo os promotores, solicitude de concesión desta patente internacional supón un paso definitivo cara ao futuro desenvolvemento clínico desta tecnoloxía.
Hoxe en día, a curación do cancro é en moitos casos posible mentres a enfermidade se encontra localizada e mediante a combinación de cirurxía, radioterapia e tratamento sistémico. Non obstante, cando as células do tumor empezan a diseminar ou metastatizar cara a outros órganos ou tecidos, a cura do paciente complícase. Este proceso de metástase representa a principal causa de morte por cancro e constitúe o factor prognóstico máis relevante.
O resultado obtido polo grupo de investigación "permitirá nun futuro o desenvolvemento de dispositivos que controlen o proceso de diseminación das denominadas células tumorais circulantes (CTC) causantes do proceso de metástase, posibilitando o manexo do paciente coma se se tratase dunha situación de enfermidade focalizada". Os científicos aseguran que neste escenario, a combinación de cirurxía, radioterapia e quimioterapia podería resultar tan eficaz como resulta actualmente á hora de tratar un tumor localizado.
Noticia completa: http://galiciaconfidencial.com/nova/13510.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario