miércoles, 13 de marzo de 2013

A Xunta impón o copago nos comedores escolares


A Educación segue sendo unha das maiores vítimas das políticas de recortes. Os comedores escolares xestionados pola Consellería de Educación deixarán de ser gratuítos para o 34,25% dos usuarios en centros públicos galegos. Ademais, o prezo máximo do menú por día sube un 40%, pasando de 3,21 a 4,5 euros. Unha de cada catro familias terá que pagar o custo máximo.


Ata agora, un 91,82% das familias podían valerse deste servizo sen custo algún nos comedores xestionados directamente por Educación; agora só será o 56,74% o que poda dispor deste servizo de balde. Ademais, a Xunta dedcidiu que se desvincule a condición de beneficiario de transporte escolar coa gratuidade total nestes espazos para as comidas de nenos e nenas.  A Consellería aclarou que o copago non se estenderá ao transporte escolar.

A excusa da Xunta para seguir afogando ao sistema educativo público é tentar garantir a "sustentabilidade" dunha "ampla" rede de comedores escolares, para poder así incrementar os usuarios ata os 66.805 no horizonte do curso 2016-2017, segundo explicou hoxe o secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Jesús Oitavén. Con estas medidas, Educación prevé asumir o 60% daqueles que están xestionados polas ANPA (unhas 6.800 prazas), e crear 2.385 prazas de xestión directa ou indirecta.

Noticia completa: http://galiciaconfidencial.com/nova/13593.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter

No hay comentarios:

Publicar un comentario