sábado, 16 de marzo de 2013

A potencia da 'Xeración Xabarín'



Hai unha semana publicabamos a nova de que a CRTVG viña de obrigar os responsables da web Xeración Xabarín a pechala por vulnerar dereitos de autor. Máis aló deste feito, a reacción que provocou a nova amosou a importancia que o Xabarín segue tendo no imaxinario colectivo, sobre todo no dunha -ou varias- xeracións de galegas e galegos que creceron mirando os debuxos animados emitidos por este contedor televisivo nacido o 18 de abril de 1994. Os debuxos, a música de novos grupos galegos ou a banda deseñada que contribuíu a espallar. Pois o Xabarín era moito máis que un simple programa de televisión, provocou un impacto xeracional que aínda perdura e converteuse se cadra na mellor ferramenta de normalización lingüística entre unha mocidade maioritariamente castelanfalante.


Manuel Bragado, responsable de Xerais e da Asociación Galega de Editores, afirma que “eu non pertenzo á Xeración Xabarín senón á Xeración de Fuxan os Ventos. Pero son pai dunha persoa que si forma parte da Xeración Xabarín e polo tanto síntome moi vinculado a ela. Nos anos noventa houbo na TVG unha xanela a través da cal a lingua galega se amosaba dunha maneira moi atractiva e cunha gran capacidade de chegar a nenos e mozos. Deixou unha pegada extraordinaria".

O impacto normalizador entre a infancia e a mocidade foi innegable e os seus efectos aínda perduran en opinión de Francisco Castro, director de novos proxectos de Galaxia, que explica que "a tele é un vehículo poderosísimo de normalidade lingüística e a TVG é unha illa nun pais castelanizado. Hoxe a TVG entra en competencia cos Clan, Boing e demais e ese efecto positivo a prol do galego perdeuse. Eu teño un fillo que colleu os últimos coletazos do efecto do Xabarín e nótase perfectamente. E a miña pequena que ten cinco anos prefire esas outras teles”.

Artigo completo: http://praza.com/cultura/3868/a-potencia-da-xeracion-xabarin/

No hay comentarios:

Publicar un comentario