viernes, 1 de febrero de 2013

#ÉrgueteOpinión Corrupción en España: ¿Estamos ante a chegada dun tecnócrata?

Non fai falta vivir moi alonxado do mundo para darse conta de que a corrupción está sendo ultimamente un dos fenómenos máis bombardeados nos medios de comunicación. E algo xeralizado, día tras día acendemos a televisión, prendemos a radio ou abrimos un periódico e dámonos conta de que se converteu nalgo habitual.

Calquera persoa da rúa, intente ou no manterse informada do que pasa na actualidade, identifica a un político coa corrupción ou, como mínimo, como algo negativo ou depauperado da súa dignidade. Isto, francamente, é algo que debería preocuparnos. A agudización da crise está facendo que a xente busque un chivo expiatorio co que pagar unha crise inherente e inevitable do capitalismo, e ese dende logo é a "clase política". É innegable que os medios de comunicación teñen moito que ver nesta situación. Como non pode ser doutra maneira, os medios de comunicación sempre están aí para dicirlle a xente onde ten que apuntar.

Son eles os que convertiron o "son todos iguais" na frase de moda, e o certo e que inda que pareza algo fóra da realidade, os políticos corruptos, afortunadamente, corresponden a unha minoría. O número de imputados (que non condenados) nos casos máis xenerosos, atópanse ao redor de 800. Podemos ser xenerosos e pór que o número de imputados está moito máis alto, o doble ou o triple, a 2000. Tendo en conta que o número de políticos en España sitúase en torno aos 80.000, o número de presuntos corruptos non supón nin o 2% do total. Con isto non pretendo quitarlle ferro á importancia da elevada corrupción en España, pero si plasmar que os medios de comunicación nos inducen a culpar aos capataces, aos executores, cando o problema ven de moito máis arriba.

Cómpre que nos preguntemos entón por qué nos inducen os medios a culpar aos políticos, que non son unha causa senón unha consecuencia da crise. Destaca pola súa ausencia nos medios a razón pola que xorde esta corrupción. Non falan dos sobornos que as empresas como Mercadona fan aos políticos nin dos indultos a banqueiros que financian campañas electorais. Os medios, como empresas que son, tamén necesitan financiación, e esta chégalles a través dos bancos e dos grandes lobbys financieiros e empresariais, polo que esperar que estes falen da raíz do problema e simplemente ser un inxenuo.

Según as enquisas, os políticos son o terceiro problema máis importante para os enquisados, máis incluso que o fraude fiscal ou os millonarios rescates financieiros. O certo e que o verdadeiro problema non é a indignación da xente con respecto á súa labor (algo completamente normal dada a situación) senón que isto vai na maioría dos casos aparellado a unha desafección pola política en xeral, por un sentimento de resignación fronte aos acontecementos, algo realmente perigoso.

E isto fai que me pregunte... ¿Qué é o que vén agora? O preocupante e que todo isto esta creando un caldo de cultivo perfecto para que tarde ou cedo pasemos a ter un Papademos, ou a un Monti. Estánse creando as condicións necesarias para que dentro de pouco un tecnócrata sexa imposto pola UE, e isto e algo que cada vez resulta menos disparatado. Todo é cuestión de que a desafección pola política sexa tal, que a poboación non teña inconveniente ningún en aceptar un novo caudillo que se ofreza para arranxar as cousas, para por orde, para librarnos dos nosos males... O Primo de Rivera do século XXI.

No hay comentarios:

Publicar un comentario