martes, 1 de enero de 2013

Feijóo reclámalle "unidade" á oposición dende a casa de Rosalía

Novo horario e novo escenario para unha vella reclamación.O presidente da Xunta trasladou neste 2012 a súa mensaxe de fin de ano da noite ao mediodía, máis proclive para os horarios mediáticos, e dos seu anteriores emprazamentos -a residencia oficial de Monte Pío e a Cidade da Cultura- á casa na que Rosalía de Castro viviu nos seus derradeiros anos, en Padrón, á que o presidente se refire como "casa natal" da autora aínda que esta naceu en Santiago. Despois dun ano no que os grupos da oposición tentaron, sen éxito, lograr recoñecementos oficiais para a poeta como un día escolar dedicado á súa figura Alberto Núñez Feijóo pronunciou o seu discurso dende a Casa da Matanza para "lembrar que o ano próximo se cumprirá o 150 aniversario de Cantares gallegos" e, dende alí, reclamarlles "unidade" a eses mesmos grupos políticos.

Rosalía, di Feijóo, retratou unha "negra sombra" que "quedou para sempre como símbolo da fonda amargura dun tempo no que Galicia aparecía escurecida". As "negras sombras do noso presente", segundo o xefe do Goberno galego, "teñen enfronte á sociedade galega", "unida polos vencellos da concertación, a cooperación e o entendemento". Nun contexto no que "quero agradecerlle sinceramente que renovasen a confianza no noso proxecto -en referencia ao resultado electoral do 21 de outubro-" Feijóo presenta ante a cidadanía o seu modelo económico como referencia estatal en "eficiencia e disciplina" económica. "Por que non facer de Galicia un paradigma de unidade política?", pregúntase.

No hay comentarios:

Publicar un comentario