martes, 8 de enero de 2013
É a fala da Costa da Morte diferente?
Unha das máis fermosas características da Costa da Morte é a súa linguaxe. Dá auténtico gusto, e niso coinciden todos os galegos visitantes na nosa zona, escoitar unha boa vella costeira. Esa gheada, ese seseo marabilloso que convirten a lingua galega nun espectro vivo de sons e viraxes.
E precisamente sobre o espectro de sons vimos de falar co otorrino Lucas Fernández. I é que a peculiaridade principal na Costa da Morte con respecto aos problemas auditivos ten que ver ca linguaxe. O seseo, o culpable, que fai que a liguaxe da Costa da Morte é máis aguda foneticamente falando que noutros lugares.
O caso é que a meirande parte das perdas auditivas dentro do nosos espectro frecuencial, é dicir daquela paleta de sons que pode escoitar o oído humano, ten lugar entre os 500 e os 2000 herzios. De aí para arriba, as frecuencias altas son as que nos axudan a diferenciar sons que se parecen moito, como o /p/ e o /t/.
Artigo completo: http://galiciaconfidencial.com/nova/12799.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario