miércoles, 2 de enero de 2013
Continúa a folga de fame d@s afectad@s polas preferentes de Ferrol
Levan pechad@s desde o 24 de decembro e en folga de fame rotatora para exixir que lles devolvan todos os seu aforros, agora "secuestrados" e sen posibilidade de acceder a eles. Desde esa data seis persoas, cada 48 horas, realizaron quendas que nun principio tiñan que durar até o 30 de decembro mais decidiron acontinuar e pasar tamén a noite de Fin de Ano.
Estes días recibiron a visita dos alcaldes de Narón, Ares, San Sadurniño, a tenente alcalde e o alcalde das Pontes, despois de ser convocados pola Asamblea de Afectados polas preferentes e Subordinadas de Ferrol (Apres). Un dos compromisos que sairon desa visita foi poñer os servizos xurídicos dos propios municipios para @s afectad@s, levar o caso a outras institucións supramunicipais e presionar ás entidades bancarias en cada un cos concellos. Apres pediu aos alcaldes que presentaran unha denuncia polo penal, "meter aos responsábeis no cárcere", contra as entidades bancarias e estes aceptaron asesorar as demandas individuais neste aspecto naqueles indicios de calote.
Tamén estiveron c@s afectad@s en folga de fame o portavoz do Grupo Parlamentar do BNG, Francisco Jorquera, e o deputado nacionalista Carlos Aymerich. As persoas pechadas amosaron a súa indignación coa súa situación. O caso de Ramón, tamén no peche e na folga de fame, é un exemplo que se coñeceu esnta visita. "Faremos toda a presión que faga falta", aseguroulles Jorquera nese encontro, "falearemos tamén cos outros grupos da oposición para actuar na mesma dirección". A Asamblea de Afectados comunicoulles a súa intención de acudir ao Constitucional. Neste caso, como informaron os deputados nacionalistas, precisarían a actuación dunha institución ou dunha cantidade grande de deputad@s. "Tamén se pode impugnar a decisión de quita", apuntou Carlos Aymerich, "diante do tribunal de Xustiza da UE".
Noticia completa: http://www.sermosgaliza.com/artigo/economia/continua-a-folga-de-fame-d-s-afectad-s-polas-preferentes-de-ferrol/20130102111459009132.html
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario