"El Apalpador es aún más repugnante que el Olentzero vasco"
Nun artigo, firmado por Pedro Fernández Barbadillo, afírmase textualmente que o Apalpador " entra en el dormitorio de los niños y toquetea sus barriguitas con la excusa de comprobar si están bien alimentados por sus padres". O autor insiste en que O Apalpador é "un invento del nacionalismo" e mesmo unha "trampa nacionalista" na que, alerta, cae "un número creciente de ciudadanos e instituciones gallegas, hipnotizados por el paletismo de defender y tragarse "lo de la tierra".
Ese xornal compara o Apalpador cos intentos de " bolcheviques rusos, los nacionalsocialistas alemanes y los comunistas castristas" de acabar coa festa relixiosa do Nadal
Este xornalista fala dunha "campaña de manipulación" impulsada polos "separatistas gallegos" para publicitar o Apalpador, do que di que é "aún más repugnante que el Olentzero vasco". E compara a promoción do Apalpador cos intentos de " bolcheviques rusos, los nacionalsocialistas alemanes y los comunistas castristas" de acabar coa festa relixiosa do Nadal.
"Dependencia enfermiza de los separatistas gallegos"
Neste artigo, en que tamén se carga e insulta ao Olentzero, a figura do Nadal de Euskal Herria, sinálase que o Apalpador non é máis que produto da "dependencia enfermiza" dos "separatistas gallegos" dos abertzales vascos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario