miércoles, 26 de diciembre de 2012
FMI celebra o Nadal cun xantar austero: 380.000 euros en ostras, caviar e bebida 'como para unha voda'
O Fondo Monetario Internacional (FMI) celebrou, e cómo, o seu tradicional xantar de Nadal. Un acto que se desenvolveu na súa sé, en Washington, e no que participaron pola volta de 7.000 funcionari@s e convidad@s. En plena crise, e co FMI a dar leccións e ordes de austeridade e contención, este organismo gastou 380.000 euros na devandita festa. O menú ocupaba catro páxinas e no mesmo incluíase desde ostras e caviar a salmón afumado e cociña tradicional tailandesa/vietanamita, mediterránea, mexicana e do Oriente Medio. Todo iso en dous dos andares que o FMI posúe na capital de EEUU.
Aliás, houbo bebida a discrección, con cóktails de todo tipo e redundantes nomes como Cumprimentos do Paradiso. E as sobremesas foron das máis variadas, de fina pastelaria francesa, bolos e frutas exóticas.
O xornal Washington Post foi o que desvolou custo e interioridades da festa, incidindo en que a mesma prolongouse desde a tardiña ate horas ben altas de noite.
A conta, que a paguen @s greg@s
Nó neste ano, e cos xuros que ten que pagar Grecia, o FMI conta con ingresar perto 900 millóns de dólares. Cartos obtidos a base dun programa duro de axustes e recortes que condenan á miseria a millóns de persoas.
Noticia completa: http://www.sermosgaliza.com/artigo/internacional/fmi-celebra-o-nadal-cun-xantar-austero-380-000-euros-en-ostras-caviar-e-bebida-a-discrecion/20121226133115008966.html
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario