sábado, 1 de diciembre de 2012
Comeza o Culturgal: A cultura máis viva ca nunca
A cita máis importante anual do sector das Industrias Culturais de Galicia arrinca este venres e non terá parada ata o domingo ás oito da tarde no Pazo da Cultura de Pontevedra. Cun importante esforzo por parte do sector e da Asociación Culturgal, organizadora do evento, o público poderá coñecer as mellores e as máis innovadoras propostas culturais de Galicia. Todas reunidas nun mesmo espazo, para poder escoitar, tocar, sentir e opinar e, por que non, consumir cultura. O programa de Culturgal deste ano está conformado por case 200 actividades abertas e gratuítas, que representan a todos os sectores da cultura galega: a música, o cinema, a literatura, o teatro, a danza, o circo, o audiovisual, a tradición oral, os monicreques…
Así, no Patio poderase gozar de máis de 18 actuacións en directo, tanto musicais como teatrais. Desde o hip hop de Erin e Comando Katana, ao pop de Silvia Penide, a destreza do ex integrante dos Tamara, o teclista Enrique Paisal, ou a aposta pola tradición e a música de raíz de Virandeira Folk. Teatro experimental como o de Inversa, o casting en directo de Pinga Teatro ou os monicrequesde Kukas tamén pasarán por este escenario.
O Garaxe será a zona na que se concentrarán as novas tecnoloxías aplicadas á difusión cultural e os proxectos audiovisuais, sumando un total de 27 actividades. Aplicacións para soportes móbiles coas que podes levar toda a información culturais que necesites contigo, novos medios de comunicación especializados en liña ou plataformas de difusión de libros. Tamén coñeceremos a nova aposta do director de cinema Ignacio Vilar, que levará á gran pantalla a novela de Blanco Amor, A Esmorga, ou a exitosa curta de Eloy Varela e Fina Casalderrey, Dúas Letras.
Noticia completa: http://praza.com/cultura/2869/comeza-o-culturgal-a-cultura-mais-viva-ca-nunca/
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario