miércoles, 26 de diciembre de 2012
A banca disparou as comisións nun 60% nos últimos cinco anos
Entre xaneiro e setembro a banca española ingresou máis de 14.000 millóns de euros en concepto de comisións, unhas ganancias en aumento ao fixar arbitrariamente, segundo denuncian clientes e consumidor@s, a contía destes servizos. Segundo estudos e informes de diferentes entidades, como o Banco de España, os cobros por mantemento de conta, de tarxeta de crédito ou débito, transferencias... Implican ao cliente dunha entidade un desembolso medio de pola volta de 180 euros ao ano. Desde o inicio da crise, en 2007, e até comezos do presente exercicio, as comisións que a clientela abona ás entidades financeiras españolas, disparouse entre un 13 e un 60 por cento, dependendo do tipo de operación.
Así, como lembra o Banco de España, nestes catro últimos anos a comisión por mantemento e xestión dunha conta bancaria incrementouse nun 37% de media na banca española. Aliás, operacións que se repiten a diario na Galiza por milleiros de persoas, como sacar cartos do caixeiro, tamén sufriron un forte aumento. Con tarxeta de crédito, nos últimos anos sacar cartos na rede experimentou un incremento do 13,4%, nunha entidade allea nun 20,7% e na propia entidade bancaria, un 17%. Non é mellor o escenario se esta operación se fai cunha tarxeta de débito: as comisións por iso disparáronse nun 60% se se fai nun caixeiro da rede propia e nun 16,6% se pertence á rede allea.
Noticia completa: http://www.sermosgaliza.com/artigo/economia/a-banca-disparou-as-comisions-nun-60-nos-ultimos-cinco-anos/20121224110137008929.html
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario