O Bloque chama a participar nas concentracións de repulsa que se están convocando para este luns ás oito da tarde en todas as cidades galegas e que denunciarán os ataques de Israel e unha vez máis demandarán un Estado para Palestina. Nunha intervención aberta aos medios, o voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, denunciou “a agresión constante e xenocida de Israel” e amosou a súa solidariedade co pobo palestino”. Criticou a “pasividade” da comunidade internacional e a “indiferenza” do Goberno español, ao que lle demandou que condene estes ataques e defenda “unha solución política e xusta”.
sábado, 17 de noviembre de 2012
O BNG chama a manifestarse este luns contra os ataques israelís a Gaza
O BNG celebrou este sábado reunión do seu Consello Nacional, con varios asuntos sobre a mesa, dende o comezo da nova lexislatura, cun novo Parlamento constituído este venres e a investidura de Feijoo, que terá lugar en dúas semanas, até os actos convocados o 25 de novembro para denunciar a violencia machista ou a comisión de investigación das caixas de aforros. Pero a actualidade manda e a intensificación dos ataques do exército israelí sobre Gaza, que causaron xa ao redor de 40 mortos, introduciuse na axenda do día con forza.
O Bloque chama a participar nas concentracións de repulsa que se están convocando para este luns ás oito da tarde en todas as cidades galegas e que denunciarán os ataques de Israel e unha vez máis demandarán un Estado para Palestina. Nunha intervención aberta aos medios, o voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, denunciou “a agresión constante e xenocida de Israel” e amosou a súa solidariedade co pobo palestino”. Criticou a “pasividade” da comunidade internacional e a “indiferenza” do Goberno español, ao que lle demandou que condene estes ataques e defenda “unha solución política e xusta”.
O Bloque chama a participar nas concentracións de repulsa que se están convocando para este luns ás oito da tarde en todas as cidades galegas e que denunciarán os ataques de Israel e unha vez máis demandarán un Estado para Palestina. Nunha intervención aberta aos medios, o voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, denunciou “a agresión constante e xenocida de Israel” e amosou a súa solidariedade co pobo palestino”. Criticou a “pasividade” da comunidade internacional e a “indiferenza” do Goberno español, ao que lle demandou que condene estes ataques e defenda “unha solución política e xusta”.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario