jueves, 22 de noviembre de 2012
As pensións en Galicia manteñen a media máis baixa de España, con 700,95 euros
O número de pensións en Galicia situouse en 735.712 en novembro, o que representan un incremento do 0,8 por cento con respecto ao mesmo mes do ano anterior, segundo datos do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), que reflicten que a Comunidade galega mantén a media máis baixa do Estado, con 700,95 euros, inferior á media estatal, de 834,99 euros.
Segundo a información facilitada polo INSS este xoves, a pensión media de Galicia, cunha contía de 700,95 euros, experimentou un crecemento do 3,3 por cento en relación ao mes de novembro de 2011.
Por provincias, a pensión media ascende a 739,29 euros en A Coruña, que subiu un 3,2%; seguida de Pontevedra, con 738,55 euros, un 3,3% máis; Lugo, con 622,93 euros, un 3,4% máis; e Ourense, con 610,06 euros, cun incremento do 3,2%.
Con respecto ao número de pensionistas, dos 735.712, un total de 281.414 corresponden á provincia de A Coruña, un 1,2% máis que o mesmo mes de 2011; en Pontevedra, 225.380, un 1,3% máis; mentres que en Lugo descenderon un 0,5% e se sitúan en 119.820; e en Ourense baixaron un 0,1% e suman 109.098.
Noticia completa: http://www.europapress.es/galego/noticia-as-pensions-aumentaron-08-novembro-galicia-manten-media-mais-baixa-espana-70095-euros-20121122114411.html
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario