A composición das Comisións
A chegada dunha nova forza política ao arco parlamentar está a re-configurar a composición dos organismos que compoñen a Cámara. Neste senso, as comisións pasan –a proposta da Mesa parlamentar-- a teren 12 membros en troca dos 13 habituais nas anteriores lexislaturas. Neste senso, o voceiro do grupo socialista, Abel Losada, aseguraba que a súa formación garantiría a pluralidade na composición cedendo parte dos postos que lle correspondían –de acordo co número de votos-- a AGE e BNG. Neste senso, @s socialistas mudaron o seu talante a respecto do que acontecera finalmente coa composición da Mesa parlamentar, en que PSdeG-PSOE empregou a súa condición de segunda forza para sentar dúas deputadas socialistas na vice-secretaría e vice-presidencia segunda, excluíndo aos outros dous grupos da oposición.
A Mesa do parlamento rexeita aumentar o número de representantes nas comisións aínda que non supuxese un aumento do gasto
Desde o BNG, criticaron que a primeira Xunta de portavoces rexeitase a proposta achegada pola organización frontista e coa que procuraban, asegurou á saída Francisco Jorquera, que as comisións reflectisen “a pluralidade que naceu nos últimos comicios”. Na súa achega, o BNG propuña que as comisións contasen con 17 membros (PP 9, PSOE 4, AGE 2 e BNG 2) garantindo, deste xeito, unha maior representatividade para todas as forzas. Aliás, @s nacionalistas achegaron a posibilidade de que a modificación das comisións fose acompañada dun pacto entre partidos para que non supuxese un aumento do gasto, senón que en troca mantivese o mesmo orzamento. No entanto, a proposta foi rexeitada. Pola súa banda, Beiras asegurou que o Parlamento funciona como “un organismo supraprovincial caciquil” e criticou que non se produzan mudanzas na institución após a chegada de AGE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario