jueves, 22 de noviembre de 2012

4.500 persoas sen teito en Galicia


Un total de 4.500 persoas. Esa é a cifra de persoas sen teito que viven en Galicia. Son datos aportados por Cáritas que informou, ademais, de que este colectivo aumentou con respecto ao pasado ano e afectou, especialmente, ás mulleres que son un 15% que en 2011.

Precisamente, as mulleres son máis vulnerables porque moitas delas acaban na rúa con cargas familiares e que, en numerosos casos, acaban optando pola prostitución.

Cáritas tamén informa de que tamén cambiou o perfil dos sen teito. Este ano, o 70% das persoas que viven na rúa son galegos ou españois. Unha situación que, segundo explicou o responsable de comunicación de Cáritas en Galicia, José García Sánchez, que sinalou que, a pesares das cifras, "é un índice difícil de contabilizar dado que é complicado rexistrar a este tipo de persoas".

Desafiuzamentos

"A situación vai a peor", sinalou García Sánchez que lembrou que esta organizaición católica apostou por pór un servizo en Cáritas de Santiago para axudar ás vítimas de desafiuzamentos.

"Son dereitos, non agasallos, ninguén sen fogar'. Esta é a campaña que Cáritas acaba de poñer en marcha para a concienciación ante a problemática das persoas sen teito. É un programa de actividades co obxectivo de facela visible e concienciar á poboación.

Noticia completa: http://galiciaconfidencial.com/nova/12296.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter

No hay comentarios:

Publicar un comentario