Había grande expectación perante o primeiro debate electoral en 19 anos. A moderadora Marga Pazos, puña de relevo a relevancia do primeiro dos tres enfrontamento que terán lugar cara ao 21-O, cualificándoo de “cita especialmente emocionante para a democracia galega”. Non era para menos, trátase da primeira vez na historia do noso país en que os tres candidatos á presidencia da Xunta, das tres forzas políticas con representación no Parlamento, contrastarán posicións e propostas diante do electorado.
O resultado ficou bastante claro. Feijóo perdeuo primeir o cara a cara destas eleccións malia as dificultades de Pachi Vázquez para explicar en que consiste a súa alternativa, que apenas logrou concretar nunhas poucas promesas. Certamente o aspirante socialista se expresou con maior firmeza e claridade, sosegado mais tamén moi incisivo, tomando a iniciativa e acurrunchando a Feijóo, colocándoo á defensiva.
Mais non foi unha malleira nin unha derrota por KO. Malia o notábel nerviosismo –que lle xogou malas pasadas como terse referido a Vázquez como “señoría”-- e a incomodidade demostrada polo popular, que mesmo se manifestou airado nalgúns momentos, Feijóo deu batalla á hora de defender a súa xestión cunha numerosa batería de cifras e especialmente denunciando as contradicións e falta de concreción do socialista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario