martes, 23 de octubre de 2012

PSdeG e BNG poderían despedir algúns dos seus traballadores polo retroceso electoral e dos ingresos


O 21-O, ademais de deixar moi tocados electoralmente a socialistas e nacionalistas podería ter un efecto colateral importante; a perda de postos de traballo. Non é a primeira vez que se plantexa esta cuestión e, quizais, non sexa a última.

O PSdeG xa prescindiu de parte dos seus traballadores --principalmente da área de comunicación-- hai uns meses. Agora os recortes poderían ser moito máis amplos. Os malos resultados electorais fan imposible poder manter a nómina de todos os traballadores debido á caída dos ingresos por deputado.

Reduccións

E é que á redución de escanos únese tamén a rebaixa na subvención por gastos electorais e na asignación por deputado electo, dun 20 por cento segundo a orde publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado 31 de agosto.

O PSdeG podería aplicar un ERE do que xa teñen coñecemento os traballadores porque, con varios deles xa estiveron falando membros da dirección durante as últimas semanas. Os despidos xa estarían mesmo aprobados pola propia dirección socialista.

O mesmo podería acontecer no BNG. Polo momento, os traballadores non teñen ningún comunicado oficial por parte da formación sobre futuros recortes --como xa tiveron os socialistas--, pero o certo é que antes dos comicios xa se puxeron enriba da mesa as dificultades económicas polas que estaba a atravesar o BNG e mesmo se insinuou a posibilidade de recortes no futuro.

Un membro da dirección confirmou a GC que o Bloque terá que facer "sacrificos". E é que a situación económica, lonxe de mellorar, empeorará tras baixar a formación cinco deputados --de 13 a 7-- o pasado domingo.

Noticia orixinal: http://galiciaconfidencial.com/nova/11966.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter

No hay comentarios:

Publicar un comentario