jueves, 18 de octubre de 2012

O que se xoga o 21-O


De todos os datos que proporcionará o reconto do 21 de Outubro, haberá dous especialmente relevantes: o resultado que obteña o PP e a cifra de apoios que reciba o BNG.No primeiro caso está en xogo, obviamente, a propia continuidade do actual goberno da Xunta e, tamén, a consistencia das políticas que está a desenvolver o executivo presidido por Mariano Rajoy.A encrucillada semella indiscutíbel:a eventual maioría absoluta de Núñez Feijoo representaría un salvoconduto para os memorandos presentes e futuros da “troika” mentres que a perda desa situación hexemónica certificaría o fracaso dos artífices directos da destrución do Estado de benestar.O primeiro sería un cheque en branco para os deseños políticos que agardan nos despachos da Moncloa e o segundo constituiría unha moción de censura que sinalaría o comezo do remate da hexemonía da dereita política.

A importancia do rexistro electoral do BNG non deriva só da tradicional consideración que suscita como indicador dos apoios sociais que merece a reivindicación dunha maior capacidade decisoria para as institucións galegas.Nesta ocasión, a práctica coincidencia das citas electorais de Galiza, Pais Vasco e Catalunya orixina un contexto específico que multiplica a relevancia do resultado que poda obter o nacionalismo galego.

Artigo completo: http://www.sermosgaliza.com/opinion/xesus-veiga/o-que-se-xoga-o-21-o/20121017140821006479.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario