domingo, 14 de octubre de 2012

O galego, lingua tribal


Veño de ler un artigo dos académicos da Universidade de California, Stephen Chen e Qing Zhou, sobre o aspecto emocional dos cambios de rexistro lingüístico en contornas familiares onde se utiliza máis dunha lingua. Estes científicos chegan a unha conclusión que pode resultar, até certo punto, evidente para a maior parte dos membros reflexivos dunha sociedade diglósica como a galega: que a elección dunha ou outra lingua por parte dos pais, segundo as diversas situacións, xoga un papel fundamental no desenvolvemento emocional das súas crianzas.

Poñendo como exemplo unha hipotética parella finlandesa que utiliza o finés e o inglés, indistintamente, con predilección polo inglés á hora de compartir emocións cos seus fillos, os autores deducen que, durante o seu crecemento, os rapaces asociarán o idioma anglosaxón ao ámbito afectivo, identificándoo como a lingua vehicular máis probábel na transmisión de sentimentos. Isto quere dicir que, aínda que os nenos non estean en idade de falar, serán capaces de detectar estados de ira, ledicia ou tenrura nos seus proxenitores segundo a fala que utilicen.

Noticia completa: http://www.sermosgaliza.com/opinion/francisco-borxa-gonzalez-tenreiro/o-galego-lingua-tribal/20121010173539006166.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario