martes, 23 de octubre de 2012
O galego como lingua de emprendemento e ciencia
As comisións de normalización lingüística dos centros do Campus de Lugo organizan conxuntamente o foro Proxéctate en galego, un encontro que, en palabras dos seus promotores, ten como obxectivo "mostrar que o galego é unha oportunidade e unha lingua moito máis viva e dinámica do que se poida crer. O galego non é ningunha barreira no mundo académico ou profesional; pola contra, é unha oportunidade para o emprendemento, para a ciencia e para a comunicación entre as persoas".
A actividade, dirixida a toda a comunidade universitaria, celébrase entre os días 26 e 28 na Casa do Saber adxunta á Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo. O prazo de inscrición permanece aberto ata o próximo 23 de outubro, e pode realizarse a través deste enlace. O prezo da matrícula é de 5 euros, e o curso está recoñecido cun crédito de libre configuración para o estudantado da USC.
Programa do encontro
O foro comeza a súa actividade o venres 26 cunha inauguración oficial presidida polo vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón, e o delegado de Normalización Lingüística da Deputación Provincial de Lugo, Mario Outeiro Iglesias.
O primeiro dos relatorios correrá a cargo do concelleiro de Medio Ambiente de Allariz (Ourense) e leva por título 'Allariz, un caso de creación de emprego e riqueza a partir da valorización do patrimonio'. A continuación desenvolverase unha mesa redonda sobre emprendemento e lingua galega moderada pola profesora Mar Pérez Fra e na que participan os xerentes das sociedades Galchimia, Lugar da Veiga e Granxa Arqueixal. A xornada de mañá péchase coa actuación musical de Mini e Mero.
Noticia completa: http://galiciaconfidencial.com/nova/11955.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario