jueves, 25 de octubre de 2012

O Consello de Europa censura a política lingüística da Xunta


Outro duro informe europeo contra a política lingüística da Xunta. O Comité de Ministros do Consello de Europa vén de aprobar as recomendacións a España con motivo do terceiro ciclo de seguimento do cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, nos que analiza a situación dos idiomas cooficiais no Estado. Non deixa en moi bo lugar ao Goberno de Feijóo que, tal e como se prevía, atoparase de novo con fortes críticas ao seu tratamento á lingua propia no comezo do seu mandato.

Así, mentres o documento cualifica de "exemplar" a protección e promoción do catalán e do éuscaro por parte das administracións, no caso do galego, o comité expresa a súa preocupación "pola redución progresiva do ensino en galego en todos os niveis e da súa estrutura de apoio".


O informe, como era de esperar, é duro coa política lingüística da Xunta de Galicia ao destacar a escasa protección do galego en numerosos ámbitos e ao criticar a situación na que o criticado decreto do plurilingüismo deixa a lingua propia do país no ensino.

Así, o informe do Comité de Ministros do Consello de Europa “convida as autoridades a que tome medidas de modo que a introdución forzosa do modelo trilingüe na educación non afecte a educación na lingua propia”, xa que asegura que despois de consultar con expertos e avaliar a súa aplicación en Galicia, comprobouse que “o ensino ao 50% en galego non se cumpre na práctica”.

Noticia completa: http://praza.com/movementos-sociais/2482/o-consello-de-europa-censura-a-politica-linguistica-da-xunta/

No hay comentarios:

Publicar un comentario