O seu oxectivo é "xestionar con impostos propios os recursos xerados no país" porque, agora, o sistema actual "fai dependentes das transferencias do Estado" ao común das autonomías. "O café para todos está en revisión e só dos galegos vai depender que Galicia sexa tratada como Euskadi ou Cataluña, a quen ninguén se atreve a discutirlles un trato diferente", suliñou.
Por iso, demandou unha "administración única" na comunidade, a supresión das deputacións provinciais --co que se aforrarían 400 millóns de euros, dixo-- e a circunscripción única, que "eliminará as barreiras para entrar no Parlamento", matizou.
Dentro do almorzo organizado por Nova Economía Fórum, Jorquera, reclamoulle ao Goberno central unha reforma fiscal no ámbito estatal para incrementar o sistema impositivo e facelo máis progresivo" e dixo que en Galicia o BNG "actuará" de igual forma "cos impostos propios".
No hay comentarios:
Publicar un comentario