miércoles, 17 de octubre de 2012

Multan e precintan o coche electoral de AGE porque a súa megafonía "non cumpre cos requerimentos técnicos"

É a primeira vez que a Benemérita multa a un coche electoral. O iso é o que denuncia Alternativa Galega de Esquerda en Ourense que acaba de ser vítima dunha multa de 200 euros porque, segundo o axente, a megafonía do coche "non cumpre os requisitos técnicos".

“Afectuar en el vehículo reseñado una reforma de importancia sin autorización - Instalar equipo de mabafonía en la parte superior del vehículo sin tenerlo autorizado en rec”. Isto é o que, literalmente, o garda civil escribiu na denuncia a este veículo. O incidente aconteceu sobre as 12:30 horas deste martes na estrada N-542, a altura da rotonda que dá acceso á autovía: Carballiño-Ourense.

"E non é porque molestaramos, ou incumpríramos as normas de limite acústico, foi por uso de técnica non homologada. Inaudito. Acaso se poderían vender eses equipos se non estivera permitida a súa instalación nun vehículo? Acaso somos a única agrupación que concorre a estas elección que fai megafonía dos seus actos?", preguntanse desde AGE.

Ningún artículo de circulación

"Como podedes ver non fai mención ningunha a ningún artigo do código de circulación nin nada. Consideramos que a multa non ten validez legal e poñeremos en coñecemento da Xunta Electoral esta actuación así como solicitaremos a responsabilidade oportuna ante o que consideramos un delicto electoral xa que se pode estar a infrinxir o artigo 139.7 que considera delecto quenes causen, no exercicio das súas competencias, manifesto prexuízo a un candidato", aseguran.

A solución dada pola Garda Civil en cumprimento do seu servizo foi poñer a multa precintar a megafonía cunha caixa como se pode apreciar na fotografía. "O presidente en funcións da Xunta de Galiza incumpre de vez, varias veces á semana a lei electoral facendo propaganda a través da Xunta e utilizando espureamente os medios públicos, e a AGE sen apenas preseza nos medios de comunicación públicos, non pode nin megafonear!", din desde esta formación política.

Por iso, AGE "agarda" que a actuación da Garda Civil non sexa "unha consigna política". "A nosa campaña pon nerviosos a algúns sectores da ultradereita ourensán porque saben que Ourense pode ser o campo de xogo onde se decida a presenza de Alberto Núñez Feijoo na Xunta de Galiza", conclúen.

No hay comentarios:

Publicar un comentario