sábado, 20 de octubre de 2012

#ÉrgueteOpinión: Eleccións galegas


Atopámonos oxe na denominada xornada de reflexión e o día de mañá promete ser unha auténtica encrucillada. O día de mañá preséntase como unha batalla entre dous bloques. Por un lado temos ao goberno do PP, ás súas políticas de recortes nos servizos públicos e a política de austeridade. Polo outro, máis alá da fragmentación da oposición, temos as promesas de cambio, a alternativa, a disconformidade, que representan o rexeitamento das actuais políticas.

O interesante e que a encrucillada non acaba aquí, senon que resulta ser moito máis complexa, e verase condicionada por múltiples factores:
  • O caso das preferentes e a incapacidade do goberno por solucionalo, creando disconformidade en amplas capas da poboación, ao igual que o caso Pemex e o desconcerto xerando ao redor da resolución do asunto.
  • As escisións no seo do BNG, das que xorden AGE e CxG, e a posibilidade de que consigan representación parlamentaria.
  • A falta de cohesión interna dentro do principal partido da oposición, o PSOE.
  • A aparición do partido de Mario Conde, que xunto con UPyD tentarán entrar tamén no Parlamento.
  • O caso Pokemón, no que membros de varios partidos se viron implicados.
  • O enigma da abstención, que promete ser decisiva dado o alto porcentaxe que se lle da nas sondaxes.

Estes factores entre outros moitos condicionarán indudablemente a xornada de mañá que servirá como barómetro pra coñecer a posición da xente fronte as políticas de austeridade e de control do déficit do goberno, que non só condicionarán o futuro de Galicia, senón tamén o de España. Sexa como for, o domingo 21 de outubro preséntase como un día decisivo, que marcará o futuro do país, o día no que a batalla entre os dous bloques terá lugar, o día no que a xente decidirá: Seguir o camiño establecido ou o cambio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario