martes, 2 de octubre de 2012

Beiras: "Somos o voto máis útil para parar o PP"

O portavoz nacional Xosé Manuel Beiras participou esta tarde no mitin que Alternativa Galega de Esquerda organizou en Bergondo suliñando a idea de unión como único xeito posible de loitar contra a “situación de agresión social” que se está a vivir en Galicia "a causa do goberno de Feijóo".

“Hai que dar unha virada de 180º e darlle prioridade os servizos básicos” afirmou Beiras. O ex-líder do Bloque destacou a sanidade pública e a educación como prioridades irrenunciables para Alternativa Galega de Esquerda, a coalición que comparte Anova Irmandade Nacionalista con Esquerda Unida.

Para lograr esta viraxe, Beiras apuntou á necesidade de implicar a cidadanía, “ten que haber unha rebelión cívica que faga que a xente volva a exercer a soberanía política” explicou. O catedrático da Universidade de Santiago defendeu que Alternativa Galega de Esquerda vai ser “a clave da derrota de Feijoo, somos o voto máis útil”.

“Sempre estivemos coa xente da que formamos parte. Ese é o noso compromiso” destacou Beiras durante a súa intervención. O portavoz nacional de Alternativa Galega de Esquerda denunciou a situación actual na que “tómanse as decisión en instancias que ninguén elixiu, chuchando os cartos dos nosos impostos”.

“Na Moncloa están os ventrílocuos dos ladróns da banca. Estamos nun protectorado. Os auténticos ladróns están instalados na gran banca e nas antigas caixas galegas” sentenciou o político nacionalista.

No hay comentarios:

Publicar un comentario