martes, 9 de octubre de 2012

Beiras pide derrotar nas urnas un PP "que xa está derrotado politicamente"

Xosé Manuel Beiras insistiu este luns en Cambre que "a rebelión cívica xa está en marcha" e que esta revolta cidadá "só falta proxectala á política estrita". Para o candidato de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) á presidencia da Xunta, o “PP xa está derrotado políticamente", polo que "só falta derrotalo electoralmente” nas urnas. "É unha forza política reaccionaria, lindante co fascismo, cando o que pretede é reconverter o sistema nun franquismo sen Franco", asegurou, tras lembrar que a dereita "non é capaz nin tan sequera de dar resposta as necesidades dos seus", polo que "está fracasado”.

"O PP pretende reconverter o sistema nun franquismo sen Franco", advertiu Beiras

Ante máis de 200 persoas, o voceiro nacional de AGEcontrapuxo a "política de fast food dos grandes partidos á da "cociña caseira que se fai amodo, á da que estamos na sociedade abaixo e á esquerda". Segundo Beiras, "a cidadanía perdeulle o respecto ao poder", polo que agora só quedan dúas alternativas: "derrubar estas institucións ou que a cidadanía ocupe estas institucións democraticamente". "Iso é o que pretende Alternativa Galega de Esquerda”, engadiu.

"O PP ten que facer a súa campaña en estado de sitio, ben gardadiño, en lugares pechados e mallando nos cidadáns que protestan"

Ante un auditorio entregado pero moi variado, Beiras chamou a perder "o medo" a un poder que o está a empregar para "aterrorizar o pobo", algo que xa non é capaz de facer, algo que demostraría o feito de que o PP "teña que facer a súa campaña en estado de sitio, ben gardadiños en lugares pechados e arrementendo e mallando nos os cidadáns que simplemente lles berran protestando contra o expolio que están a realizar en Galiza”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario