miércoles, 17 de octubre de 2012

Beiras: "Os recortes en sanidade están matando xente”

O portavoz nacional de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Xosé Manuel Beiras, insistiu este mércores nas declaracións que dixo o martes nun mitin en Lugo, onde salientou que Feijóo "está matando a máis xente" que calquera dos grupos terroristas do Estado coas súas políticas sanitarias.

"O Premio Nobel Pérez Esquivel, nada menos que un premio Nobel, ten dito que a débeda e as políticas do FMI constitúen un auténtico xenocidio nos países nas que se aplican”, mantivo hoxe Beiras. "Non teño a menor dúbida de que os recortes en sanidade están matando xente: cando unha muller con cancro de mama ten que agardar un ano en lista de espera polo tratamento, iso ¿qué é? Cando un inmigrante sen traballo non pode ter asistencia médica pública, que ten que facer ir á privada sen cartos? Ou cando a crise económica que está levando á miseria a moitas familias incrementa as depresions e a tasa de suicidios, ¿quen é o responsábel?” suliñou nun comunicdo.

Feijóo: "Lamentable"

O cruce de descalificacións entre Feijóo e Beiras tivo lugar na madrugada deste mércores, cando un desde a conta de twitter de AGE publicouse: "Feijóo está matando a máis xente que ningún grupo terrorista na historia do Estado español" debido á redución "drástica" do financiamento na sanidade pública. Un comentario que tivo pronta resposta no Twitter de Feijóo que cualificou de "lamentable" esa afirmación.

O presidente galego tamén se referiu ás declaracións de Beiras este mércores nun acto en Ourense. "As palabras do señor Beiras cualifícanse por si soas", dixo. Pero tamén quixo dar por pechada a polémica. "Non vou alimentar unha política de división, descualificación e enfrontamento na que non creo", asegurou.

No hay comentarios:

Publicar un comentario