A Fiscalía tamén salienta o "notable incremento" deste tipo de delitos na provincia da Coruña, na que aumentaron un 57%.
Lugo e Ourense tamén experimentaron un aumento importante destas infraccións. Na provincia lucense pasouse de 7 dilixencias incoadas durante o ano 2010 ás 35 do ano 2011, a maioría destas referidas a delitos cometidos contra a seguridade e hixiene no traballo, que pasaron de 2 a 22 procedementos.
A memoria da Fiscalía non destaca ningún dato sobre a provincia de Ourense no referente a este tipo de delitos.
Esta suba racha coa tendencia á baixa do ano 2010, cando se produciu unha baixada porcentual do 67,9% na Coruña, do 80,6% en Lugo e do 49% en Pontevedra (tampouco sa salientan datos de Ourense para os delitos contra os dereitos dos traballadores).
No hay comentarios:
Publicar un comentario