miércoles, 26 de septiembre de 2012

25-S ao berro de 'goberno dimisión' ás portas do Parlamento galego

Unha concentración que congregou a varios centos de persoas, secundou nas rúas de Compostela a convocatoria lanzada a nivel estatal por diversos movementos sociais. Tras dunha faixa que levaba por lema 'O capitalismo non se reforma, destrúese', @s manifestantes percorreron o camiño que vai desde a Praza Roxa até o Pazo de Raxoi. Malia despregarse un importante dispositivo policial con varias ducias de axentes da policía española que acompañaron @s participantes na mobilización, non se rexistraron incidentes.

Milleiros de persoas na capital española

Con berros de 'goberno dimisión', as persoas que se congregaron na praza Neptuno (Madrid) --6.000 segundo os datos achegados pola delegación do goberno español-- atopáronse cun importante dispositivo policial –arredor de 1400 antidisturbios-- que acordoaron as principais rúas de acceso e rodearon @s manifestantes evitando o posíbel intento por entrar nas Cortes españolas.

A mobilización saldouse con cando menos 35 detid@s e 64 ferid@s, 16 dos cales foron trasladad@s a centros hospitalarios con lesións graves provocadas pola malleira policial. O ministro de Interior español, Jorge Fenrández Díaz, parabenizou o comportamento da policía española –que reprimiu con contundencia @s manifestantes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario