viernes, 13 de septiembre de 2013

O lume aproxímase ao #Ézaro e convértese no peor do ano deixando xa 1.600 hectáreas devastadas

As lapas aproxímanse xa á desembocadura do Xallas no Ézaro situado no Concello de Dumbría. Após arrasar 1.600 hectáreas no Monte Pindo que ficou completamente devastado. O lume leva activo desde a pasada cuarta feira e re-activouse na parroquia do Pindo.


O incendio deixou diversos puntos da localidade sen luz, teléfono e auga corrente que as informacións oficiais atribúen a un corte intencionado para evitar "chispazos" durante os traballos de extinción. Aliás, a estrada comarcal AC-550 fica cortada ao tráfico de maneira intermitente.

Noticia completa: http://www.sermosgaliza.com/articulo/galiza/lume-aproximase-ao-ezaro-convertese-no-peor-do-ano/20130913145120018985.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario