lunes, 2 de septiembre de 2013

Na Galiza xa só o 6% dos contratos laborais son indefinidos

É un dos cabalos de batalla non só das organizacións sindicais e diversos movementos sociais, senón mesmo de organismos internacionais: a eventualidade, e a precariedade, laboral, con efectos claros en eidos que van desde o social até o da mesma seguridade laboral.


En xuño foron subscritos 84.925 contratos laborais no noso país, e deles só 4.803 tiveron carácter indefinido (un 5,7%), fronte aos 79.492 contratos temporais. Unha diferenza abismal e que se foi incrementando nos últimos anos, espoleada pola crise.

A fenda

Aliás, esta fenda semella ter o seu acubillo perfecto nun país onde a 31 de xullo había 261-102 persoas rexistradas nas oficinas de procura de emprego. Ademais, segundo o último dato publicado, un total de 121.405 persoas non cobran ningún tipo de prestación.

E, a maiores, este aumento vertixionoso da precariedade e eventualidade danse no tempo en que as rendas empresariais supoñen xa máis do 47% do PIB galego,mentres que a remuneración total de asalariad@s caeu o 45,7%. Unha fenda que vai en aumento. Aliás, este maior beneficio empresarial non redunda en investimento nas propias empresas, que se reduciu un 4%.

Noticia completa: http://www.sermosgaliza.com/articulo/economia/nas-galiza-xa-so-6-contratos-laborais-son-indefinidos/20130901191312018537.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario