lunes, 2 de septiembre de 2013

A UE poderá sancionar a España se segue a banalizar o fascismo

Toque de atención da Comisión Europea a Estado español pola súa banalización do nazismo e fascismo. A eurocomisaria da Xustiza, Viviane Reding, deixou claro que a exoneración, negación ou banalización intencionada e pública dos “crimes cometidos por réximes totalitarios”, segundo recolle Vilaweb. Bruxelas engade que, a partir do ano que vén, os estados membros poderán ser sancionados penalmente por este tipo de actitudes e comportamentos.
As declaracións chegan despois da denuncia de parlamentri@s en Bruxelas pola participación da delegada do goberno de España en Catalunya nunha homenaxe á División Azul.

Reding lembra, nunha resposta parlamentar a eurodeputad@s do BNG, PNV, ICV e CiU que "todos os Estados membros da UE están obrigados a castigar penalmente a incitación pública ao odio e á violencia contra persoas ou grupos por mor da súa raza, cor, relixión, ascendencia ou a orixe nacional ou étnica ".

Noticia completa: http://www.sermosgaliza.com/articulo/politica/ue-podera-sancionar-espana-segue-banalizar-fascismo/20130902112915018551.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario