jueves, 27 de junio de 2013

O SERGAS só cubre unha de cada dez baixas

A Federación de Sanidade de CC OO de Galicia denuncia que a taxa de reposición de só o 10 % no SERGAS está a provocar unha mingua no cadro de persoal, incrementando a presión asistencial sobre os profesionais sanitarios. Ademais a Xunta, segundo a súa denuncia, suscita «falsas expectativas» a milleiros de demandantes de emprego apuntados nas listas de contratación, incluso convocando listas de categorías que non se usan por estaren os servizos privatizados.


CC OO defende que si é posible crear emprego no Sergas, pero cómpre vontade política. Para o sindicato, a taxa de reposición do 10 % das xubilacións non é válida, e esixe crear unha praza por cada caso, para evitar que diminúa o cadro de pesoal. Esixe que non se utilice persoal fixo para cubrir as ausencias a custa de pagar horas extras ou ofertar días libres, como ocorre con frecuencia na atención primaria. Tamén rexeita a voluntariedade, intersubstitucións e outras modalidades de cobertura de ausencias que impiden crear emprego.

Ante as «escandalosas» listas de espera en Galicia, Comisións insta a implantar un plan de choque para reducilas, creando emprego coa apertura de quirófano e servizos centrais —laboratorios, raios X, consultas externas— na quenda de tarde , con persoal contratado para atender estas necesidades.

Noticia completa: http://www.galiciaconfidencial.com/nova/14878.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario