jueves, 20 de junio de 2013

"O que non van contar na TV sobre o xuízo a catro independentistas"

Galiza Contrainfo publica unha videorreportaxe sobre o proceso que xulgará este 24 e 25 de xuño na Audiencia Nacional a Eduardo Vigo, Roberto Rodrigues Antom Santos e Maria Osório por presunta pertenza a unha organización terrorista. O vídeo foi estreado este martes ás oito da tarde, na rede e en varios centros sociais de todo o país, e nel interveñen familiares dalgún deles (a nai de Eduardo Vigo ou o pai de Antom Santos) e representantes de Esculca ou Ceivar. O presidente de Esculca, Fernando Arce, fala sobre "dereitos humanos, estado de excepción e a (i)legalidade vixente".


A videorreportaxe titulada O que non van contar na TV sobre o xuizo a catro independentistas galeg@s. Testemuñas da excepción denuncia "a situación dos presos políticos galegos, a vulneración dos seus dereitos e os das súas familias coa dispersión imposta, baixo a lexislación antiterrorista e coa criminalización dos medios de comunicación hexemónicos"



Noticia completa: http://praza.com/movementos-sociais/4818/o-que-non-van-contar-na-tv-sobre-o-xuizo-a-catro-independentistas/

No hay comentarios:

Publicar un comentario