jueves, 27 de junio de 2013

As dúas mellores notas de Selectividade ven o seu futuro laboral fora de Galicia

Laura Barreiro Fernández e Leticia Vázquez Bengoechea lograron as notas máis altas das Probas de Acceso á Universidade (PAU) celebradas recentemente en Galicia. Pero as dúas ollan para fóra de Galicia en busca de traballo.


Barreiro acadou un 9,90  e Leticia Vázquez un 9,80. A primeira quere estudar Bioquímica e a segunda Enxeñería Química, dúas carreiras dun alto perfil técnico e investigador que, hoxe por hoxe, está en caída libre nos centros universitarios de Galicia e do conxunto do Estado.

Por iso, as dúas recoñecen as dificultades de atopar traballo ou mesmo especializarse en centros galegos ou españois. Laura Barreiro queda en Galicia pero non pode estudar o que quere Bioquímica, Biomedicina ou Biotecnoloxía. O que ten claro é que, para adicarse laboralmente ao que lle gusta terá que marchar ao estranxeiro algo que non entende "estando na UE". "Non estamos a falar do terceiro mundo, pero para moitísimas cousas España está moi atrasada e, entre outras, para a investigación a un bo nivel", sinala.

Noticia completa: http://www.galiciaconfidencial.com/nova/14883.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter

No hay comentarios:

Publicar un comentario