jueves, 23 de mayo de 2013

“Quen garanten a independencia dos medios de comunicación deben ser os cidadáns e non os cartos”


En 1964 a cidade de Valencia viu nacer un xornalista dos que nadan a contra corrente e que deciden correr co vento de fronte no canto de a favor. Pascual Serrano é un home convencido de que o único modo de derrubar unha casa en ruínas e construír unha nova é cambiar os alicerces.
E se a casa é a propia, é posible que haxa que tirar pedras contra o propio tellado. Serrano é un xornalista crítico cos medios de comunicación. Así o reflicte no seu último libro Periodismo Canalla, no que repasa a situación do sector e sinala que a crise non é tanto dos xornalistas coma dos medios de comunicación.

Que entende vostede por Periodismo canalla?

Periodismo Canalla pretende referirse a todas as circunstancias que hai ao redor do xornalismo que favorecen converter o resultado en algo precisamente canalla. No propio subtítulo do libro queda claro que o que converte o xornalismo en algo canalla non é outra cousa que as empresas de comunicación.

Que é o que se fai mal desde os medios?

Noutros libros tentei explicar os métodos de traballo, algúns ideolóxicos e outros estruturais, cos que se desinformaba, pero neste libro non trato tanto que é o que fan mal os xornalistas, senón qué miseria rodea os medios de comunicación, a economía de mercado, os directivos... é dicir, trato de explicar como, segundo a miña opinión, o principal inimigo do xornalismo e da información son as empresas de comunicación.

Noticia completa: http://praza.com/movementos-sociais/4540/lquen-garanten-a-independencia-dos-medios-de-comunicacion-deben-ser-os-cidadans-e-non-os-cartosr/

No hay comentarios:

Publicar un comentario