miércoles, 29 de mayo de 2013

O PP vota no mesmo día a favor e en contra de reverter a quita das preferentes

Os 600 quilómetros que separan o Parlamento de Galicia do Congreso dos Deputados convertéronse este martes, de novo, nunha distancia política infinitamente maior para o grupo que ostenta a maioría absoluta en ambas cámaras. Os lexislativos galego e español abordaron, nas súas respectivas sesións plenarias, senllas proposicións do BNG para modificar a lei 9/2012, que incorporou ao ordenamento xurídico estatal as condicións do rescate bancario, e así permitir que as persoas estafadas coas participacións preferentes e outros produtos financeiros como as subordinadas poidan recuperar integramente os seus cartos.
Tratábase, en definitiva, de deixar a salvo das quitas a quen foron enganados e enganadas. En Santiago o PP dixo concordar coa iniciativa dos nacionalistas e por iso votou a favor, dando lugar a unha aprobación por unanimidade. En Madrid deuse a situación oposta.

A posición do partido da dereita nas Cortes converteu en premonitorias as verbas do seu voceiro na Cámara galega, Pedro Puy, que durante o debate co Bloque anunciou o voto afirmativo "do PP no Parlamento de Galicia". Non do PP, en xenérico. Aceptar a proposición, argumentou Puy, supón un "chanzo máis na procura dun fin compartido: que o 100% dos enganados con preferentes recuperen o 100% dos seus aforros". Porque o PP, abonda, está "a favor dunha solución para que os enganados recuperen a totalidade dos seus aforros" e para isto "toda as vías son útiles, tanto a xudicial, como a arbitraxe, as denuncias da Fiscalía ou as xestións do Valedor do Pobo e a Defensora del Pueblo".

Noticia completa: http://praza.com/politica/4612/o-pp-vota-no-mesmo-dia-a-favor-e-en-contra-de-reverter-a-quita-das-preferentes/

No hay comentarios:

Publicar un comentario