jueves, 16 de mayo de 2013

Milleiros de obreir@s do naval escenifican a execución de Feijóo diante da sede do PP en Ferrol


Máis de dous milleiros de operari@s do naval ferrolán mobilizáronse esta quinta feira, paraugas en man, para reclamar carga de traballo para a comarca.  Canda si dous bonecos coas caretas do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e do alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela.


Após simular un xuízo e ditar sentenza, queimaron os monicreques diante da sede local do PPdG, onde rematou o protesto, ao consideralos culpábeis de que a construción do flotel que, segundo a Xunta, tería encargado a petroleira mexicana Pemex, non veña finalmente para a comarca. A reclamación do dique flotante estivo tamén presente no protesto.

A manifestación saíu e voltou á factoría de Navantia e moveuse lonxe da casa do Concello, fortemente custodiada por cinco furgonetas de antidisturbios e varios carros da policía municipal. No camiño fixeron unha parada para apoiar @s traballador@s de Benestar da Xunta de Galiza, que protestaban contra o desmantelamento da atención á dependencia.

Noticia orixinal: http://www.sermosgaliza.com/artigo/economia/milleiros-de-obreir-s-do-naval-escenifican-nun-protesto-a-execucion-de-feijoo/20130516145935014924.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario