viernes, 3 de mayo de 2013

Máis unha provocación da Xunta: reivindicará o Día das Letras contratando a Manquiña, colaborador de Galicia Bilingüe


"Un recuerdo muy especial a una persoa que ha arriesgado mucho al apoyar esta manifestación y los fines de Galicia Bilingüe, que es el actor Manquiña". Así lle agradecían a Manuel Manquiña desde o palco a colaboración coa asociación que preside Gloria Lago na manifestación realizada en Compostela o 8 de febreiro de 2009, convocada baixo o lema Sí, quiero libertad para elegir.


Varios videos difundidos na rede daban conta de imaxes dunha muller que se protexía da chuvia cun paraugas e berraba a verdadeira ideoloxía que hai detrás do colectivo que preside Gloria Lago: "paletos!", "aldeanos!", "libertad!", "libertad!" namentres ducias de antidisturbios mallaban nas persoas que participaron na contra-manifestación, estoutra si, en defensa da nosa lingua. Doce desas persoas están pendentes de xuízo.

O mesmo Manuel Manquiña que apoiou a Galicia Bilingüe nesa mobilización é o escollido pola Xunta de Galiza para conmemorar este ano o Día da nosa lingua e das nosas letras e, de paso, homenaxear a Roberto Vidal Bolaño e a Rosalía de Castro, cando se fan 150 anos da publicación de Cantares Gallegos, ​un libro en que a poeta nacional defendeu desde o prólogo a identidade nacional da Galiza e ao que a Xunta, na súa nota de imprensa, se refire como "cantigas populares". O acto desenvolverase na Cidade da Cultura.

Con todo, o contributo de Manquiña ao desprestixio da nosa lingua propia non fica aí. Coñecidas son as súas declaracións en que asegurou que "Galicia é moi bilingüe, por moito que joda" polas que lle preguntou o xornalista Alberto Ramos nunha recente entrevista. E o actor respostou, moi ao estilo do discurso de Galicia Bilingüe: "eu creo na liberdade da xente por riba da liberdade dos lugares e das patrias; eu non creo no pobo". Para rematar acrecentou: "en Galicia, en galego? Mira, vai tomar polo cú!"

Noticia completa: http://www.sermosgaliza.com/artigo/galiza/a-xunta-reivindicara-o-dia-das-letras-contratando-a-manquina-colaborador-de-galicia-bilingue/20130501213930014407.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario