viernes, 3 de mayo de 2013

Golpes na protesta de preferentistas no pleno de Nigrán


As protestas dos afectados por participacións preferentes obrigaron este xoves a trasladar a celebración do pleno de Nigrán (Pontevedra), do salón habitual ao auditorio municipal, tras producirse un enfrontamento entre un grupo destas persoas e a Policía Local do municipio.


O Goberno local de Nigrán asegura que a Policía se viu obrigada a desaloxar o salón de plenos cando un grupo de afectados "que se tapaban a cara con pasamontañas e carapuchas", tratou de entrar pola forza no salón.

A Policía Local tiña orde de non permitir o paso a ningún dos preferentistas. Os concelleiros da oposición preguntaron porque non permitían o paso aos preferentistas e o alcalde, que dá as ordes á policia como máximo responsable e como responsable da área de seguridade, limitouse a dicir que era unha decisión da policía.

Sen embargo, e segundo recolle a web de EP, o portavoz da plataforma, Xulio Vicente, suliñou que "a Policía emprendeuna a porrazos" con varios afectados, entre eles "persoas maiores". Por iso, Vicente advertiu que o alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, converteuse en "inimigo público número 1" para este colectivo.

Noticia completa: http://galiciaconfidencial.com/nova/14227.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter

No hay comentarios:

Publicar un comentario