viernes, 17 de mayo de 2013

“El Corte Inglés e Mango deberían ser xulgados en España polo ocorrido en Bangladesh”


Que é unha empresa transnacional? Que papel xogan os lobbies ou a diplomacia económica? Que resistencia se podese exercer fronte ao poder que despregan as multinacionais? Para dar resposta a este tipo de preguntas o profesor de Dereito do Traballo da Universidade do País Vasco, Juan Hernández, que compareceu para dar a súa visión na Comisión de Dereitos Humanos do Parlamento, publicou o Dicionario crítico de empresas transnacionais xunto a Erika González e Pedro Ramiro. O libro recolle desde unha perspectiva crítica as reflexións de diferentes profesores procedentes da universidade, membros de ONG, organizacións sindicais e movementos sociais sobre as empresas transnacionais. Hernández avoga por implantar medios de control para enfrontar o poder das grandes corporacións e que catástrofes coma o derrube dun edificio de talleres téxtiles en Bangladesh, que xa matou máis un milleiro de persoas que tentaban gañar a vida, teña consecuencias penais para os directivos das multinacionais que encargaban alí a roupa.

Como se pode controlar as empresas transnacionais?

É complicado porque a responsabilidade da empresa transnacional sostense sobre o Estado onde inviste, comercia ou compra. Por exemplo, Mango e El Corte Inglés van a Bangladesh e só responden ante ese goberno. A arquitectura xurídica está pensada para que cumpran a lexislación de Bangladesh e punto. E no caso dese país, a lexislación laboral está sometida a un modelo neoliberal brutal. É dicir, os traballadores teñen unhas condicións laborais en canto a salario e descanso propias da Revolución Industrial. Non hai ningún control nin inspección, por iso é polo que caeu a fábrica en Bangladesh. As transnacionais instálanse alí porque a taxa de beneficio é altísima grazas á explotación que sofren os traballadores.

Entrevista completa: http://praza.com/economia/4477/lel-corte-ingles-e-mango-deberian-ser-xulgados-en-espana-polo-ocorrido-en-bangladeshr/

No hay comentarios:

Publicar un comentario