É o que aconteceu co COF do Ventorrillo, na Coruña, cuxa praza de xinecoloxía quedará sen cubrir. Xa a conselleira de Sanidade se posicionara neste sentido no Parlamento e esta sexta feira o PP aproveitou unha proposición non de lei do BNG para votar en contra de que se manteña operativo o devandito COF, argumentando unha "reorganización". En total e tal ecomo adiantou Sermos Galiza en decembro de 2012, quedarían dúas prazas para atender máis de 152 mil mulleres.
"Din que o van reorganizar e van pechalo", respondeu a deputada nacionalista Carme Adán na súa quenda de réplica, após arremeter con dureza contra a xestión da saúde das mulleres "por parte da Igrexa porque é evidente a vinculación relixiosa" dos centros que aparecen na Guía de recursos, apoio e asistencia á muller embarazada, que publicou hai un mes a secretaría xeral de Igualdade. Preguntou Adán, malia non obter ningunha resposta a cambio, pola situación actual do Plan de antención integral á saúde das mulleres, e vaticinou que o acontecido no Ventorrillo se repetirá dentro de pouco nun COF de Ourense, onde está pronta a xubilación d@ xinecólog@.
O BNG alertou da "dubidosa profesionalidade a respecto de cuestións sanitarias" dos máis de once centros que publicita e sostén con fondos públicos a Xunta, dedicándolles un espazo propio nunha guía onde a outra opción, a da interrupción voluntaria do embarazo (IVE), non se contempla. Cómpre lembrar que no espazo destinado á IVE na páxina web do Sergas aparece tamén unha ligazón que conecta ben coa Red Madre ben coas dúas leis redactadas por este colectivo e que o PP aprobou no Parlamento coa súa maioría absoluta: a de familia e a de atención á muller embarazada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario