miércoles, 22 de mayo de 2013

A policía española prende dous fotoxornalistas nas súas casas e acúsaos de ''atentado contra a autoridade''


Axentes da policía española prenderon esta cuarta feira nas súas casas, en Madrid, os fotoxornalistas freelance Raúl Capín e Adolfo Luján, a quen acusan de "desordes públicas" e de "atentado contra a autoridade". Coñecidos pola cobertura que dan aos protestos dos colectivos sociais, foran sinalados pola imprensa conservadora a través de ABC, La Razón ou El Mundo como "extremistas infiltrados", tendo publicado fotos en que sae estes traballadores e identificándoos non como xornalistas senón como manifestantes, segundo informa o diario Diagonal.


Capín é colaborador dos xornais Diario Independiente Digital e Mundo Obrero e profesionais que coñecen a súa actividade falan del como "unha testemuña incómoda" para a actuación da policía e dos antidisturbios nas manifestacións dos movementos sociais, onde son frecuentes as cargas policiais.

Sinalados pola imprensa da dereita

Os fotoxornalistas foran sinalados pola imprensa conservadora como "extremistas provocadores infiltrados" nas mobilizacións. O 17 de abril ABC publicou un artigo asinado por Carlos Hidalgo, cronista "especializado en fontes policiais", en que afirmaba que a policía andaba a investigar "radicais de esquerdas que participan en manifestacións e protestas escudándose en falsas credenciais de xornalistas". O artigo apareceu na información impresa ilustrado con tres fotografías de Capín coa cara pixelada no medio de máis fotoxornalistas cuxo rostro aparecía sen difuminar.

Noticia completa: http://www.sermosgaliza.com/artigo/internacional/a-policia-espanola-prende-un-fotoxornalista-na-sua-casa-e-acusao-de-atentado-contra-a-autoridade/20130522174349015171.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario