sábado, 18 de mayo de 2013

A Lei Wert sae adiante declarando a guerra ás linguas cooficiais


Son axustes mínimos, case cosméticos. O Goberno aprobou a Lei de Mellora da Educación con pequenos retoques e unha velada declaración de guerra á Generalitat catalá e, de paso, ás linguas cooficiais. A polémica disposición da Lomce que obrigaba as comunidades con lingua propia a pagar colexios privados a aqueles alumnos que quixesen estudar co castelán como lingua vehicular mantense, pero con máis polémica aínda.
Os pais deberán acudir ao ministerio, que será quen se encargue dos trámites e de soltar os cartos. Despois arranxará contas co goberno da comunidade, seguramente descontando o importe das asignacións autonómicas. E ao parecer non serán importes menores. O ministerio reserva un 10% do total do orzamento para a aplicación da lei durante o primeiro ano, cinco millóns de euros, para mandar a clase a uns 1.000 nenos, segundo os seus propios cálculos.

A sétima lei orgánica de Educación da democracia saíu do Consello de Ministros unha semana máis tarde do previsto para atender ás "observacións" do Consello de Estado, cuxo ditame sorprendeu ao criticar algúns dos puntos destacados da norma, como o da obriga das autonomías de garantir a escolarización en castelán, a eliminación de Educación para a Cidadanía ou o financiamento dos colexios que segregan os nenos por sexo. Todo, malia que o Consello de Estado está presidido polo galego José Manuel Romay Beccaría, home da máxima confianza de Mariano Rajoy e valedor de Núñez Feijóo na súau chegada á Xunta e como alternativa no PP estatal.

Noticia completa: http://praza.com/ciencia-e-tecnoloxia/4501/a-lei-wert-sae-adiante-declarando-a-guerra-as-linguas-cooficiais/

No hay comentarios:

Publicar un comentario