lunes, 6 de mayo de 2013

A Iniciativa social pola Soberanía ponse en andamento


Un cento de persoas constituíron o pasado sábado en Compostela a xestora da Iniciativa social pola Soberanía.



A proposta emana dun "grupo de galegas e galegos" sensibilizad@s "pola difícil situación" que, din, atravesa Galiza. O seu obxectivo é, segundo explican nun comunicado, construír un proxecto amplo que abranga numerosas persoas procedentes dos "movementos sociais, sindicais, culturais e políticos" cuxo interese común sexa difundir e espallar o debate arredor da libre determinación do pobo galego e do dereito á soberanía nacional para Galiza.

Perante o contexto actual, marcado por unha profunda crise económica, mais tamén social, política e institucional, desde a Iniciativa pola Soberanía/Galiza pola Soberanía xulgan "necesario" reaxir como país e, neste senso, procurar "os instrumentos" que permitan a Galiza "decidir libremente" o seu futuro.

O grupo promotor xulga que perante o debate aberto a respeito do "dereito e o exercicio da soberanía" no Estado español, mais tamén en Europa, Galiza precisa "dun Estado propio" e con este alvo, chaman á sociedade galega a se sumar en prol "dunha sociedade nova" baseada, din "na xustiza, na igualdade, non patriarcal" mais tamén "respectuosa co medio" e que garanta "o dereito ao traballo, a sanidade, á educación á cultura, á vivenda e ao benestar públicos".

Noticia completa: http://www.sermosgaliza.com/artigo/galiza/nace-unha-iniciativa-social-a-prol-da-soberania-para-galiza/20130505225837014531.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario