miércoles, 24 de abril de 2013

Un escándalo electoral sacode o plan de México ao que Feijóo fía os investimentos en Galicia


Moitas das múltiples expectativas que Feijóo trouxo na súa maleta ao regresar da súa última viaxe por México están fiadas ao desenvolvemento do Pacto por México, un plan de reformas e investimentos públicos acordados polo presidente do país centroamericano, Enrique Peña Nieto, coas principais forzas políticas desa república.
Segundo Feijóo, ese pacto contempla 40.000 millóns de dólares de investimento anual que son "unha gran oportunidade para a economía galega, máis aínda cando dese total, 25.000 millóns se corresponden a investimentos de Pemex". Apenas unha semana despois do regreso do presidente, ese pacto non pasa polo seu mellor momento.

Segundo detallan diversos medios de comunicación mexicanos o consenso que presidiu o nacemento deste plan está en risco de saltar polos aires despois de que o Partido de Acción Nacional (PAN) dese a coñecer "trece horas de audios e vídeos", segundo reflicte o xornal Proceso, nos que "exhibiu unha rede de funcionarios de la Sedesol [a Secretaría de Desenvolvemento Humano] e do goberno de Veracruz que acordaron accións para usar electoralmente os programas sociais" incluídos no pacto. As denuncias do PAN afirman, recolle o xornal Informador, que o partido o presidente Peña Nieto, o PRI, planeaba "beneficiarse" destas prestacións sociais "nas próximas eleccións en Veracruz" chegando, por exemplo, a "condicionar a entrega de cadeiras de rodas" a persoas necesitadas "coa intención de obter votos".

Noticia completa: http://praza.com/politica/4252/un-escandalo-electoral-sacode-o-plan-de-mexico-ao-que-feijoo-fia-os-investimentos-en-galicia/

No hay comentarios:

Publicar un comentario